estabilidade

< lat stabilitāte ‘firmeza’
Pliral: estabilidades
  1. s f Calidade de estable.
  2. s f FÍS Propiedade dun corpo en flotación de volver á súa posición de equilibrio cando se separou desta por unha causa externa.
  3. s f FÍS Facultade dun sistema material de manterse en equilibrio ou de volver ao estado de equilibrio cando actúan forzas sobre el que tenden a afastalo deste equilibrio.
  4. s f QUÍM Calidade dunha substancia de conservar as súas propiedades no tempo.
  5. s f ALIM Período de tempo durante o que un alimento mantén unhas calidades satisfactorias, que depende dos seus compoñentes, do proceso de elaboración, do tipo de envasado, da súa almacenaxe e do transporte.
  6. s f QUÍM Resistencia dunha substancia explosiva a experimentar unha deflagración ou unha explosión espontánea.
  7. s f METEOR Superposición regular das capas atmosféricas en orde decrecente de densidade.
  8. s f ECON Situación dun sistema económico no que as condicións de equilibrio son consistentes e o desemprego e o índice xeral de prezos están controlados.

Antónimos