esquío rubioANIMALRoedor, da familia dos esciúridos, co corpo alongado e estreito e cola longa e peluda. As patas traseiras teñen maior tamaño ca as dianteiras e sérvenlle para realizar grandes saltos entre árbores. Son de cor castaña escura ou rubia e co ventre de branco. Están presentes tanto en bosques de coníferas coma en bosques de folla caduca.
esquío voadorANIMALRoedor caracterizado por presentar unha membrana a cada lado do corpo que lles permite a estes animais realizar voos planando entre as árbores. Son animais de hábitos nocturnos, de pelaxes escuras e ollos grandes. Aniñan en buracas de árbores.