esponxa

< lat spongĭa gr σπογγιά
Pliral: esponxas
  1. s f ANIMAL Nome que recibe calquera animal pertencente ao subtipo dos poríferos.
  2. s f
    1. Masa porosa e elástica de fibras córneas entrelazadas que forma o esqueleto interno dos poríferos. Ten a propiedade de absorber a auga e deixala ir facilmente ao exercer unha presión sobre ela.
    2. Peza de substancia esponxosa artificial que se emprega na hixiene humana e para a limpeza doméstica.