espesante

< espesar
Pliral: espesantes
  1. adx Que espesa.
  2. s m
    1. ALIM Aditivo alimentario do grupo dos estabilizadores que se emprega para manter ou aumentar a consistencia ou a viscosidade dun produto, como poden ser bebidas, prebes, sopas ou caldos.
    2. QUÍM Substancia de elevado peso molecular que, ao incorporarse a unha solución, pasa a disolución coloidal. Emprégase para aumentar a viscosidade das pastas de estampaxe téxtil ou na fabricación de cosméticos.
    3. PINT Substancia que se engade a unha pintura ou un verniz para aumentar a súa viscosidade e darlle corpo.