esparaván

Pliral: esparaváns
  1. s m VETER Tumor osificado que se forma na rexión da xuntura tarsal das extremidades posteriores dos cabalos e que lles impide o movemento da parte inferior destas.
  2. s m Cuarto ou casa grande mal conservada.
  3. s m Moble grande e desproporcionado.
  4. s m Terreo de cultivo grande, de mala calidade ou ruín.
  5. s m Persoa moi alta, xeralmente sen garbo ou elegancia.
  6. s m Persoa ou animal pouco xeitoso ou desproporcionado.
  7. s m Xesto ou xeito propio dunha persoa pouco equilibrada.
  8. s m Cousa sen ningún xeito ou forma.