esgotar

< lat v *eguttāre ‘secar ata a última gota’, de gŭtta
  1. v t Consumir ou acabar algunha cousa de todo. Tm v pron.
  2. v t Acabar coas forzas de alguén.
  3. v pron Extenuarse ou cansarse ata perder as forzas.

Sinónimos

Confrontaciones

Citas

  • A carreira pedestre esgotoume
  • A edición deste libro esgotouse nunha semana
  • Esgotaron todas as posibilidades de negociación, Antes de emprenderen accións legais, esgotaron a vía administrativa
  • Esgotaron todas as provisións, Esgotou nun mes todos os cartos que conseguiu na lotería
  • Os nenos da veciña esgotaron a miña resistencia