esfera

< lat sphaera gr σ ϕ α ῐ ρα
Pliral: esferas
  1. s f MAT Sólido interior a unha superficie esférica constituído por todos os puntos que teñen unha distancia ao centro menor ou igual ca o raio.
    1. s f Corpo con forma de esfera ou semellante a ela.
    2. esfera celeste ASTRON Esfera imaxinaria, concéntrica co globo terráqueo, en que se representan os astros, os seus movementos e tamén os diferentes círculos astronómicos (ecuador ou eclíptica).
    3. esfera fotónica ASTRON Rexión situada ao redor dun buraco negro que captura a luz que viaxa con ángulos determinados.
    4. esfera terrestre XEOG Representación esférica a escala do globo terráqueo.
  2. s f Superficie sobre a que xiran as agullas do reloxo ou de calquera outro instrumento semellante.
  3. s f Espazo en que se exerce a acción, a influencia, o coñecemento, ou a actividade de alguén ou dalgunha cousa.

Confrontaciones

rea

Citas

  • A esfera do meu reloxo
  • Mocea cunha rapaza que non é da súa esfera social, As altas esferas económicas están pendentes dos movementos da bolsa
  • O sector da política é a súa esfera de acción