esfécido -da

< lat científico Sphecidae, xénero de insectos
Pliral: esfécidos Masculino: esfécido Masculino plural: esfécidos Femenino: esfécida Femenino plural: esfécidas
  1. adx Relativo ou pertencente aos esfécidos.
  2. s m ANIMAL/ENTOM Insecto da familia dos esfécidos.
  3. s m pl ANIMAL/ENTOM Familia de insectos, da orde dos himenópteros, que presentan unha cabeza relativamente grande, antenas longas e delgadas, coas mandíbulas aptas para cortar e agarrar as presas, e o resto das pezas bucais adaptadas para zugar; ten o tórax groso, e o abdome coloreado, apuntado no extremo, onde se sitúa o aguillón.