esencia

Pliral: esencias
  1. s f FILOS Conxunto de características fundamentais que constitúen a natureza propia dunha persoa, animal ou cousa. Contraponse ao concepto de existencia.
  2. s f Aquilo  máis importante ou característico de algo.
  3. s f QUÍM Substancia oleosa, intensamente olorosa, de orixe vexetal, destilable e xeralmente volátil en corrente de vapor.
  4. s f Extracto líquido con gran concentración de substancias aromáticas.

Frases hechas

  • En esencia. No fundamental. Ex: En esencia, o que che contei foi o que sucedeu.