escusado -da

Pliral: escusados Masculino: escusado Masculino plural: escusados Femenino: escusada Femenino plural: escusadas
  1. p reg escusar.
  2. adx Que é inútil para o fin que se desexa.
  3. s m HIST Tributario que se escusaba de pagar ao señor ou ao rei, xa que se pagaba directamente á persoa ou comunidade á que se lle concedera o privilexio.
  4. s m HIST Labrego escollido polo rei para que lle cobrase e pagase os décimos.
  5. s m HIST Dereito que tiña a Facenda Real para escoller, entre as casas dunha parroquia, a casa que pagaría o décimo ao rei en vez da Igrexa.
  6. s m HIST Cantidade que as casas do décimo rendían.
  7. s m HIST Tribunal en que se resolvían os preitos relacionados coas casas do décimo.
  8. s m HIST Imposto concedido polo papa á monarquía hispánica (1567), en substitución da cruzada, que se aboliu en 1851.

Palabras vecinas