sf plPLANTAFamilia de plantas herbáceas, arbustivas ou lianas, da orde das escrofulariais. As flores preséntanse, as máis das veces, en acios, e son hermafroditas, cigomorfas e pentámeras ou tetrámeras, de corola gamopétala bilabiada e co ovario superior e bilocular. Os froitos son en cápsula ou baga.