escritura

< lat scriptūra
Pliral: escrituras
  1. s f
    1. Acción de escribir.
    2. ESCR Representación da lingua falada tendo en conta as distintas realizacións das unidades gráficas, as distintas realizacións históricas ou a calidade da súa execución.
    3. Conxunto de signos que se usan para escribir.
  2. s f Maneira ou estilo de escribir.
  3. s f Calquera cousa escrita.
  4. s f DER Documento en que se fai constar un acto ou negocio xurídico. Chámase escritura pública se se outorga en presenza de testemuñas ante notario, quen dá fe pública, e escritura privada se é obra de particulares sen intervención de ningún funcionario.

Refranes

  • O que ben escribe, lé dúas veces.
  • O que se escribe, escríbese para ler e por iso hai que o ver.