sPersoa que exerce o traballo de escribir ao ditado ou de copiar escritos.
smAve granívora, da familia dos emberícidos, e as máis das veces propia de hábitats pouco arborados. Caracterízase por ter un peteiro proporcionalmente curto e comprimido polos lados, co bordo da boca sinuoso na base. A plumaxe é, normalmente, de cores apagadas.
escribente amarelo [Emberiza citrinella]ANIMAL/ORNITAve, co dorso listado e mitra de cor acastañada, as partes inferiores de cor amarela, cos flancos listados e a cabeza de cor amarela.
escribente das canaveiras [Emberiza schoeniclus]ANIMAL/ORNITAve, co dorso e ás de cor acastañada vermella, con listas máis escuras e as partes inferiores de cor entre branca e ocre.
escribente hortelán [Emberiza hortulana]ANIMAL/ORNITAve, coas partes superiores e as ás de cor acastañada vermella, con listas de cor negra e coa cara inferior da á e o anel ocular de cor amarela.
escribente paponegro [Emberiza cirlus]ANIMAL/ORNITAve que se caracteriza por presentar nos machos a cabeza de cor verde oliva, con listas amarelas por riba, gorxa de cor negra, colar amarelo, franxa pectoral de cor verde oliva e partes superiores acastañadas vermellas, e partes inferiores de cor amarela cos flancos lixeiramente riscados de castaño.
escribente riscado [Emberiza cia]ANIMAL/ORNITAve que se caracteriza por presentar o macho a cabeza o e peito de cor cinsenta, con dúas listas negras que enmarcan a cara e unha terceira media que cruza o ollo, as partes superiores de cor acastañada con lista negras no dorso e o peito e flancos de cor arrubiada.