sm plANIMAL/ICTFamilia de peixes osteíctios, da orde dos perciformes, de corpo alongado, fusiforme, co pedúnculo caudal moi estreito, as dúas aletas dorsais separadas e as pectorais curtas, o fociño afiado e a boca grande, con pequenos dentes. Son gregarios e forman bancos moi numerosos. Esta familia engloba os alistados, as xardas, o bonito, a albacora e o atún.