esclerótica

< gr σκληρός   ‘duro’
Pliral: escleróticas
  1. s f ANAT Membrana externa do globo ocular, formada por feixes de fibras de coláxeno imbricados de forma irregular, que se estende desde a córnea ao nervio óptico. É opaca, branca e resistente, e corresponde á zona do branco do ollo. Ten como función soportar e protexer as estruturas internas do ollo.