escarapote

Pliral: escarapotes
  1. s m ANIMAL/ICT Peixe da familia dos escorpénidos que se caracteriza por presentar un corpo groso de cabeza de gran tamaño, cuberto de lóbulos cutáneos e aguillóns que poden presentar canles e glándulas velenosas.
  2. escarapote común ANIMAL/ICT Escarapote, de cor acastañada cinsenta ou arrubiada, con manchas escuras. As máis das veces amosan unha proliferación ramificada baixo o ollo e outra de menor tamaño no orificio nasal anterior.
  3. escarapote da lama ANIMAL/ICT Escarapote, de cor acastañada ou vermella, e cunha mancha negra entre o oitavo e décimo rado espiñento da aleta dorsal.
  4. escarapote da pedra ANIMAL/ICT Escarapote, de cor rubia ou amarelenta. As espiñas da cabeza, os primeiros raios espiñentos das aletas, e as espiñas presentes no opérculo, poden inocular veleno.