escafópodo -da

< escafo- + -podo
Pliral: escafópodos Masculino: escafópodo Masculino plural: escafópodos Femenino: escafópoda Femenino plural: escafópodas
  1. adx Relativo ou pertencente aos escafópodos.
  2. s m ANIMAL Molusco da clase dos escafópodos.
  3. s m pl ANIMAL Clase de moluscos de corpo alongado dorsoventralmente, rodeado polo manto, que segrega unha cuncha tubulosa lixeiramente curvada e cónica. Non teñen cabeza e carecen de branquias, pois o manto serve para a respiración. OBS: Tamén se denominan cabeiros.