smConcepto, idea ou opinión que non é conforme á verdade ou á realidade.
smFeito ou acción que non se axusta ao que se debe ou é oportuno.
smEstado da persoa que ten ideas ou crenzas equivocadas ou falsas.
MAT
smDesviación respecto ao valor teórico ou real, que se orixina nas medidas ou nos cálculos que se realizan para a súa estimación.
erro absolutoDiferenza alxébrica entre o resultado da medición experimental dunha magnitude e o seu valor real.
erro relativoCociente entre o erro absoluto e o valor da magnitude medida, expresada en tantos por cento.
DER
smCoñecemento defectuoso ou equivocado da realidade debido á ignorancia.
erro de dereitoErro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afecta a unha norma xurídica. Ten as consecuencias que en cada caso especifique a lei.
erro de feitoErro no que a ignorancia ou o coñecemento inexacto afectan a un feito, a unha cousa ou a unha persoa, que non é unha norma xurídica.
erro vencibleErro imputable ao descoido ou á neglixencia.
FILOS
smXuízo explícito ou implícito no que a persoa que o formula se equivoca no obxecto.
smAcción de equivocarse, de xulgar verdadeiro o que é falso ou á inversa.
erro dos sentidosErro derivado das funcións da percepción.
erro tipo 1/erro alfaEquivocación ao rexeitar unha hipótese nula, tomada como falsa, cando é realmente verdadeira.
erro tipo 2/erro betaEquivocación ao non rexeitar unha hipótese nula, se esta hipótese nula é realmente falsa.
smFILATEquivocación ou trastorno na elaboración dun selo.
erro gráficoXEOGPrecisión coa que se indica nun mapa topográfico a situación dun punto do terreo representado. O erro gráfico adoita ser duns 0,2 mm.