equilibrio

< lat aequilibrĭu
Pliral: equilibrios
  1. FÍS
    1. s m Estado dun sistema en que este non pode experimentar ningún cambio de forma espontánea.
    2. equilibrio dinámico Estado dun corpo cando a resultante das forzas externas que actúan sobre el se contrarresta coas forzas de inercia.
    3. equilibrio electrostático Estado dun corpo condutor en que o campo eléctrico é nulo en todos os puntos do seu interior.
    4. equilibrio estático Estado dun corpo sometido a un sistema de forzas que cumpren os principios da estática, que pode ser estable, inestable e indiferente ou metastable.
    5. equilibrio termodinámico Estado dun corpo ou sistema termodinámico en que as variables termodinámicas de estado, como a presión ou a temperatura, teñen o mesmo valor en todos os puntos do sistema.
  2. s m Posición vertical dun corpo.
    1. s m Proporción ou relación axeitada entre cousas sen que ningunha destaque das demais.
    2. s m ARTE Posición estable dunha composición pictórica ou escultórica.
    3. equilibrio de cor IND/ARTE Axuste que se efectúa nos procesos fotográficos en cor, coa intención de asegurar unha reprodución correcta da mesma.
  3. s m PSIC Integración dos procesos psíquicos que se caracteriza pola ausencia de excentricidades e por unha coherencia e estabilidade fundamentais da conduta persoal.
  4. ECON
    1. equilibrio económico Situación dun sistema económico en que as variables relevantes se manteñen constantes e non hai tendencias que forcen un cambio.
    2. equilibrio orzamentario Situación en que os gastos se equiparan aos ingresos.
  5. ECOL
    1. equilibrio ambiental Relación harmónica de interdependencia e interacción entre un individuo, unha especie ou un grupo social e o seu contorno natural.
    2. equilibrio biolóxico/ecolóxico Estado que acada ou tende a acadar un ecosistema determinado, de xeito que as especies animais e vexetais que o integran se manteñen constantes no seu número ou na súa biomasa.
  6. equilibrio fisiolóxico FISIOL Mantemento dunhas condicións físico-químicas determinadas no interior dos seres vivos.
  7. equilibrio político POLÍT Principio das relacións internacionais que intenta manter a paz ao impedir que calquera Estado, ou grupo de estados, se convirta en dominante, e perigue así a liberdade e a independencia dos demais, a través do mantemento doutra forza oposta igual á das posibles forzas hexemónicas.
  8. equilibrio químico QUÍM Estado dun sistema químico, ou reacción química, en que a velocidade da formación dos produtos a partir dos elementos reactantes é igual á velocidade de desaparición daqueles produtos para formar novamente os elementos iniciais da reacción.
  9. equilibrio xenético XEN Estado de estabilidade ao que poden chegar as poboacións a consecuencia da interacción entre os factores que regulan a variabilidade xenética, como a mutación, a selección natural, a migración e a derivación xenética.

Antónimos

Citas

  • Os líderes políticos manteñen a súa valoración en equilibrio segundo as últimas sondaxes
  • Perdeu o equilibrio e caeu