envergadura

< envergar
Pliral: envergaduras
  1. s f ZOOL Distancia entre os extremos das ás dun animal cando este as ten completamente despregadas.
  2. s f Importancia ou valor dalgunha persoa ou asunto.
  3. s f MAR Ancho dunha vela envergada.
  4. s f Corpulencia dunha persoa, dun animal ou dunha cousa.

Citas

  • El é ben cativo pero os outros irmáns teñen moita envergadura
  • Empezou a sarabiar e caían pedras de grande envergadura
  • Levaron a cabo unha empresa de moita envergadura