ensino infantil/educación infantilEnsino que non é obrigatorio e abrangue dous ciclos: o primeiro, desde o nacemento ata os 3 anos, e o segundo, desde os 3 aos 6 anos.
ensino primario/educación primariaEnsino que ten carácter obrigatorio e abrangue desde os 6 ata os 12 anos. Configúrase en tres ciclos de dous cursos cada un.
ensino secundario/educación secundariaEnsino que abrangue o Ensino Secundario Obrigatorio (ESO) e mais o Ensino Secundario non Obrigatorio (ESNO). A ESO completa o ensino primario e abrangue catro cursos académicos (dos 12 aos 16 anos). Ao rematar a ESO (16 anos) conclúese o período de estudos básicos e obrigatorios e pódese acceder ao ESNO. Este inclúe dous cursos académicos (dos 16 aos 18 anos) de bacharelato ou de formación profesional específica de grao medio.
ensino superior/educación superiorEnsino que abrangue o ensino universitario/educación universitaria e outras institucións que outorgan cualificacións profesionais. Os estudos universitarios poden ser de primeiro, segundo e terceiro ciclo, que conducen respectivamente á diplomatura, licenciatura e doutoramento.