smQUÍM/INDCada un dos materiais bituminosos, de cor escura, líquidos ou semilíquidos a temperatura ambiente e de composición variable, que se obteñen por destilación destrutiva do carbón.
alcatrán betumeCONSTRAglutinante constituído cunha mestura de betume e alcatrán, para reunir as propiedades adhesivas e de anticarburante do alcatrán.
alcatrán de carbónQUÍM/INDLíquido viscoso negro, máis denso que a auga, de cheiro naftalénico, que se obtén por destilación destrutiva do carbón.
alcatrán de piñeiroQUÍM/INDLíquido moi viscoso, de cor negra e cheiro característico. Emprégase en medicina, na flotación de minerais e na preparación de pinturas e vernices.