sPresidente da comisión de goberno e xefe da administración municipal en funcións executivas.
alcalde de barrioPersoa nomeada polo alcalde que nas zonas periféricas ou afastadas do núcleo urbano o representa.
alcalde pedáneoAlcalde que preside unha entidade local menor, designado entre os seus rexedores polo alcalde do concello do que esta entidade forma parte.
Refranes
Alcalde de aldea, o que queira selo, que o sexa.
Alcalde de monteiriña ¡ai, se cargado te pilla!
Alcalde de vara verde e muller de pouco importa non hai que fiar deles cousa.
Alcalde novo, todo é xusticia / todas son leis.
Alcalde, nin de balde.
Coraxudo alcalde é este, que a tódalas donas prende.
De alcalde a verdugo mirade como subo.
Non ornearon en balde un alcalde e outro alcalde.
Padriño de voda e alcalde de aldea, o demo que o sexa.
Por faIta de homes bos a meu pai fixeron alcalde.
¡Deus te garde de alcalde novo e de escribán vello
¡Deus te libre de alcalde novo e de escribán vello!