encefalopatía

< encéfalo + -patía
Pliral: encefalopatías
  1. s f PAT Enfermidade ou transtorno do encéfalo de calquera etioloxía como a vascular, metabólica, tumoral ou a traumática entre outras.
  2. encefalopatía esponxiforme bovina VETER Enfermidade producida por unha proteína infecciosa ou prión que lle afecta ao gando bovino e que se inclúe dentro das encefalopatías esponxiformes transmisibles. A vía de transmisión é a inxestión por parte dos animais de alimentos contaminados co prión. OBS: Tamén se denomina enfermidade ou mal das vacas tolas.
  3. encefalopatía esponxiforme humana PAT enfermidade de Creutzfeldt-Jakob.
  4. encefalopatía esponxiforme transmisible PAT/VETER Enfermidade neurodexenerativa que ten como axente causal un prión e que se caracteriza por un tempo de incubación extremadamente longo e un desenvolvemento moi lento ata chegar á morte.