encarnación

< lat encarnatĭōne
Pliral: encarnacións
  1. s f Acción de encarnar ou encarnarse.
  2. s f RELIX Dogma segundo o que o Verbo de Deus se manifesta en Cristo por unión hipostática, de tal forma que este, sen perder a súa natureza divina, se fixo home.
  3. s f Representación material dunha determinada idea.
  4. ARTE
    1. s f Cor que se lle dá á carne humana na pintura e na escultura.
    2. encarnación de pulimento Encarnación que é brunida e lustrosa.
    3. encarnación mate Encarnación que non é brunida.

Sinónimos

Citas

  • Ese home é a encarnación da ira