encadeamento

< encadear
Pliral: encadeamentos
  1. s m Acción e efecto de encadear ou encadearse.
  2. s m IMAX Recurso cinematográfico que consiste na desaparición gradual dunha imaxe e na aparición, tamén de xeito gradual, doutra imaxe diferente a continuación desa primeira.
  3. s m INFORM Método polo que o procesamento dun elemento prepara o procesamento do elemento seguinte.
  4. s m MÚS
    1. Unión directa de dous ou máis acordes.
    2. Unión entre dous movementos dunha composición que habitualmente irían separados.
  5. encadeamento de respostas PSIC Técnica en que se unen varias asociacións E-R (estímulo-resposta) previamente aprendidas nunha secuencia ordenada.