emigración

< lat emigratĭōne
Pliral: emigracións
  1. s f Desprazamento dun individuo ou dun grupo de persoas dun lugar a outro, de forma temporal ou definitiva, desde o punto de vista do lugar de procedencia do desprazado. A causa principal é a busca dunha mellora na situación socioeconómica e ten como consecuencias, no lugar de orixe dos emigrantes, a diminución da natalidade, coa saída dos individuos máis novos, e un incremento da taxa bruta de mortalidade, debido ao avellentamento.
  2. s f p ext Conxunto de persoas que emigraron.
  3. s f p ext Situación de quen está emigrado.
  4. s f ZOOL Mudanza que certos animais fan do seu hábitat, e que pode ser estacional ou permanente.

Confrontaciones

Citas

  • A emigración galega ten moita importancia en Arxentina
  • Ten os seus pais na emigración dende que era moi pequeno

Refranes

  • Cada cal no seu curral.