ablución

< lat ablutiōne ‘lavado, bautismo’
Pliral: ablucións
  1. s f Acción de abluír ou abluírse.
  2. s f Purificación da materia, segundo os alquimistas, por sometemento á acción continuada do lume.
  3. s f RELIX Purificación relixiosa dunha persoa por medio da auga.
  4. s f RELIX Acción de limpar o cáliz e de lavar os dedos despois da comuñón, no rito cristián da misa.

Citas

  • Antes de ir ao traballo realiza as súas ablucións matinais
  • Nos tratados de alquimia dise que a ablución purifica a materia
  • Os musulmáns europeos fan as súas ablucións todos os días

Palabras vecinas