emblema

< lat emblēma gr ἕ μβλημα
Pliral: emblemas
  1. s m Signo visible dunha idea que case sempre vai acompañado dunha lenda explicativa.
  2. s m Obxecto visible consagrado por uso para representar unha idea ou unha cousa abstracta.
  3. s m BÉL Distintivo dos diferentes corpos e armas militares.
  4. s m HERÁLD Lema dalgúns escudos.
  5. s m LIT Composición de carácter didáctico-moral, cultivada especialmente nos ss XVI e XVII, formada por unha imaxe ou figura de carácter simbólico e unha explicación da idea de tipo moral, político ou social que suxire.
  6. s m ARTE Imaxe central dun mosaico rodeada de orlas decorativas xeométricas, normalmente fabricadas con pedra do país, que representa imaxes decorativas con escenas ou figuras humanas e animais.

Citas

  • Cada corpo militar ten o seu propio emblema
  • O emblema da xustiza é unha balanza