embarazo

< embarazar
Pliral: embarazos
  1. s m Dificultade para a realización de algo.
  2. s m Turbación ou falta de soltura no que se está a realizar.
    1. s m FISIOL Estado da muller embarazada que comprende o período que vai desde a implantación do óvulo fecundado ata o parto, en que o embrión se nutre a expensas do organismo materno a través da placenta e que ten unha duración media de 40 semanas.
    2. embarazo ectópico PAT Embarazo en que o embrión se desenvolve fóra da cavidade uterina.
    3. embarazo falso/espurio PAT Estado patolóxico que simula un embarazo e que pode orixinar erros na diagnose. OBS: Tamén se denomina pseudociese.
    4. embarazo nervioso/histérico PAT Fenómeno psicosomático caracterizado por un conxunto de signos físicos que evocan un embarazo, pero que se dan nunha paciente que non está realmente embarazada.
    5. proba de embarazo BIOQ Proba inmunolóxica para detectar a presenza da hormona gonadotropina coriónica (HGC) nos ouriños da muller embarazada.

Sinónimos

Antónimos

Confrontaciones

Citas

  • A pesar dos anos sempre que actúa sente moito embarazo
  • Na administración non poñen máis ca embarazos á hora de pedir axudas

Refranes

  • A muller preñada, aos tres meses encobre e aos catro quere e non pode.
  • Á muller primeiriza, primeiro se lle coñece no peito que na barriga.
  • Cando o meniño endentence, axiña irmanece.
  • Cando un neno endentece, outro irmán remanece.
  • Enfermidade de nove meses nas mulleres cúrase antes dos dez meses.
  • Galiña choca ovos non pon.
  • O caldo das paridas non lle fai mal ás preñadas.
  • O ovo ben batido incha coma a muller co bo marido.
  • Parto inchado, parto abenzoado.
  • Se o teu fillo comeza a endentecer, xa podes arranxarte para outro fillo ter.