smSubstancia que non se pode descompoñer noutras máis sinxelas mediante métodos químicos.
elemento esencialElemento químico necesario para o mantemento funcional ou estrutural dos seres vivos.
elemento nativoElemento químico que se pode localizar na natureza sen combinar con ningún outro elemento.
elemento trazaElemento non esencial que aparece en cantidades mínimas en calquera tipo de material ou nos seres vivos.
sm
Cada unha das cousas que forman ou integran un todo.
Compoñente dunha agrupación ou colectivo.
Cada unha das circunstancias ou partes dun conxunto que inflúe nunha situación ou resultado final.
MAT
smCada un dos obxectos, materiais ou ideais, que se poden considerar pertencentes a un conxunto.
elemento neutro/idénticoElemento e que pertence a un conxunto E dotado dunha operación interna ou dunha lei de composición T, de xeito que para todo x?E se cumpre que eTx=xTe=x. Se este elemento e existe, é único.
elemento simétricoElemento x’ que cumpre que xTx’=x’Tx=e. Se esta propiedade existe, dise que x’ é o elemento simétrico (ou inverso) de x, x?E, onde E é un conxunto dotado dunha lei interna T e dun elemento neutro e, e x, simetrizable.
smFILOSSubstancias simples ou principais das que se compoñía, para os antigos, o universo físico.
smMedio en que vive ou se encontra a gusto un ser vivo.
sm plForzas da natureza que poden producir accións violentas e incontrolables polo home.
sm plPrincipios fundamentais ou simples dun sistema en filosofía, en ciencia ou en arte.
smPersoa ou individuo valorado positivamente se vai acompañado dun adxectivo ou dun elemento cualificador, ou con valor despectivo se aparece só.
ASTRON
smCada un dos datos ou valores dos que depende un sistema de cálculo, sobre o que se basea unha conclusión.
elemento dunha órbitaCada un dos parámetros que determinan as características da órbita dun astro e a súa disposición no espazo, así como a posición do astro sobre esta órbita.
elemento xeométrico dun cristalFÍSCada un dos parámetros ou conceptos relacionados coa forma externa dun cristal.
smLINGUnidade discreta que pertence a un sistema determinado de calquera grao de abstracción.
elemento de inserciónXENSecuencia de ADN que se insire no xenoma aleatoriamente. Algunhas destas secuencias reciben o nome de xenesmóbiles ou transposóns.
elemento florísticoBOTConxunto de especies vexetais que coinciden nunha mesma rexión florística.
Citas
A introducción dun elemento estraño no ecosistema produciu graves consecuencias, Antón é un elemento imprescindible dentro da empresa
A separación dos pais foi un elemento fundamental no seu fracaso escolar, O francés é un elemento importante na súa educación
Hoxe na autoescola vannos ensinar os elementos que forman un motor, No comentario había que buscar os elementos poéticos da narración
Naquela aventura o heroe tivo que loitar contra os elementos
O aire é o elemento dos paxaros, Cando fala en público está no seu elemento
Ó detective faltábanlle elementos para dar coa solución do crime
Recomendáronnos un elemento moi capaz para resolver o problema, A policía detivo algúns elementos sospeitosos