electricidade

< eléctrico
Pliral: electricidades
  1. FÍS
    1. s f Conxunto de fenómenos asociados á presenza de partículas cargadas electricamente, en repouso ou en movemento. Está suxeita á lei de conservación e constitúe unha das formas posibles de enerxía.
    2. electricidade estática Fenómeno eléctrico ocasionado por un exceso ou un defecto de electróns en repouso nunha determinada materia.
  2. s f FÍS Parte da física que estuda os fenómenos eléctricos, debidos á existencia de cargas eléctricas, e que se divide en electrostática, electrocinética, electrodinámica e electromagnetismo.
  3. s f Corrente ou fluído eléctrico.
  4. s f Instalación eléctrica.

Citas

  • Para rematar a casa só lle queda a fontanería e a electricidade