el, ela

< lat ĭlle
  1. pron Pronome persoal tónico de terceira persoa que funciona como suxeito, complemento tras preposición ou segundo termo da comparación.
  2. pron Forma de tratamento situada entre a de cortesía (vostede) e a de familiaridade (ti).
  3. pron Forma pronominal que ten un uso redundante referida a un suxeito xa expreso ou sen expresar.
  4. pron m
    1. Forma invariable que pode presentar diversos usos ou matices e é substituto na lingua actual do antigo pronome elo.
    2. Forma pleonástica, referida a un substantivo co que non mantén concordancia.
    3. Forma que ten como referente un infinitivo, unha cláusula ou un contexto e ten valor anafórico ou catafórico.
    4. Forma que se usa como reforzo interrogativo.
    5. Forma que é o suxeito gramatical de verbos unipersoais.
    6. Forma expletiva que serve de apoio á narración, e que pode equivaler a a cousa é que, o asunto foi que. OBS:Contrae coas preposicións en e de, dando lugar ás formas: nel(es), nela(s) e del(es), dela(s).

Citas

  • E el é ben divertido cando no verán imos todos ás illas Cíes pasar o día, ¿E el non era boa idea saír pasear pola praia?
  • E el xa estabamos chegando cando se mareou, E el eu queríalle facer unha pregunta
  • El era unha bicicleta vella e enferruxada
  • El está a sarabiar, El haberá oito meses polo menos que non nos visitan
  • El pensa que non a quere, Vai bailar con ela, Son máis forte ca eles, Ademais de ser unha casa moi grande, ela tamén é acolledora
  • El pode comer algunha cousa se quere, OBS: Contrae coas preposicións en e de, dando lugar ás formas: nel, nela, neles, nelas e del, dela, deles, delas
  • Este amigo teu é un mentireiro, mira que historia el me contou, Ela era unha persoa moi interesada, aquela prima túa, OBS: En oracións copulativas mesmo se pode omitir o verbo ser ao atribuír unha adxectivación a un substantivo, Atendeume un home calvo, pequeno e gordecho el, Encántanme os bucios, tan relocentes eles
  • ¿El que che parece se imos ao cine? ¿E el que hai para cear?

Formas incorrectas

il