eficiencia

< lat efficientĭa
Pliral: eficiencias
  1. s f Calidade de eficiente.
  2. s f MAT Cociente entre a varianza dun estimador non nesgado e a mínima varianza posible.
  3. s f FÍS Cociente entre o traballo efectuado por unha máquina e o traballo necesario para facela funcionar.
  4. s f FÍS Fracción da calor absorbida por unha máquina térmica que se converte en traballo. OBS: Tamén se denomina rendemento.
  5. eficiencia ecolóxica ECOL Relación, expresada en tanto por cento, entre a produción neta dun nivel trófico e a do nivel precedente.
  6. eficiencia fotosintética ECOL Relación entre a enerxía contida na materia vexetal e a enerxía solar que a produce por fotosíntese.

Palabras vecinas