EDTA

Nombre científico: C 10 H 16 N 2 O 8
  1. QUÍM Composto que actúa como axente quelante de metais divalentes e trivalentes, como o ferro, o magnesio e outros. En forma de sal cálcico (edtato cálcico) emprégase no diagnóstico e no tratamento de intoxicacións por chumbo. O sal sódico (edtato disódico) utilízase no diagnóstico e tratamento de certas alteracións no metabolismo do calcio. Tamén se usa na conservación de alimentos e en medios de cultivo.