sfGRÁFReprodución dunha obra, por medios manuais ou mediante a imprenta, para a súa difusión.
sfGRÁF/PUBLICConxunto de exemplares dun escrito, impresos nunha mesma tiraxe.
edición abreviadaFILOLEdición dun texto en que se suprimiron ou resumiron fragmentos considerados non esenciais para a comprensión do mesmo.
edición ampliada/aumentadaFILOLEdición dunha obra acrecentada con novas materias con respecto á edición anterior.
edición anotada/comentadaFILOLEdición que inclúe comentarios destinados a esclarecer ou complementar o texto orixinal do autor.
edición autorizadaFILOLEdición que conta coa autorización expresa do autor ou da persoa que posúe os dereitos editoriais, para diferenciala das edicións clandestinas ou non autorizadas.
edición completaFILOLEdición que comprende todas as obras dun autor.
edición crítica/esexéticaFILOLEdición que pretende reconstruír a versión dun texto (literario ou documental) máis próxima ao orixinal do autor (autógrafo ou arquetipo), a partir da análise dos testemuños, manuscritos e impresos que o difundiron.
edición de bibliófiloFILOLEdición especial destinada a coleccionistas, impresa en papel de calidade, xeralmente ilustrada, con encadernación coidada, de tiraxe reducida e exemplares numerados e, ás veces, asinados polo autor ou ilustrador.
edición de luxoFILOLEdición impresa en papel de calidade, en formato case sempre grande con marxes amplas, ornada con ilustracións e encadernada con suntuosidade.
edición de textosFILOLPublicación de textos literarios, xurídicos, científicos, documentais ou doutro tipo, xeralmente antigos, feitos con intención divulgativa ou ben erudita.
edición definitivaFILOLEdición dun texto considerado establecido de forma definitiva polo autor.
edición diplomática/paleográficaFILOLEdición que reproduce de maneira escrupulosa todas as peculiaridades dun modelo anterior, expresadas por medio de signos convencionais, sen corrixir eventuais erros, e sen introducir puntuación ou trazos inexistentes no texto a editar.
edición dixitalTECNOLPublicación dun documento en formato papel pero empregando, ata momento da impresión, tecnoloxía dixital.
edición electrónicaINFORMProceso que consiste en difundir contidos mediante soportes de información dixitais, como CD-ROM, DVD ou Internet.
edición extra/especialPUBLIC/IMAXEdición dun xornal, revista, reportaxe informativa de radio ou televisión dirixida ao público de forma extraordinaria, como consecuencia dun acontecemento inesperado e excepcional.
edición facsímile/facsimilarFILOLEdición dun texto reproducido de maneira fotográfica e que conserva xeralmente as medidas do orixinal.
edición moderna/actualizadaFILOLersión dun texto antigo destinada a un público non especializado, que moderniza a lingua do orixinal en todos os aspectos –gráfico, fonético, morfosintáctico, semántico e tipográfico– para facilitar a súa lectura.
edición non venalFILOLPublicación dunha obra sen finalidade comercial. Regálase, a miúdo, para conmemorar algún evento.
edición orixinalFILOLPrimeira edición en volume dunha obra que se fai co consentimento ou aprobación do autor.
edición princeps/príncipeFILOLPrimeira edición dunha obra, en especial a primeira edición dun clásico, dun autor medieval, impresa no s XV ou na primeira metade do s XVI.
sfCOMUNPreparación de materiais visuais e sonoros para compoñer un programa que se poida emitir.
sf p extManifestación cultural, festiva, deportiva ou doutro tipo que ten lugar cunha periodicidade determinada para celebrar algo.
contrato de ediciónDERConvenio segundo o que o autor dunha obra subsceptible de propiedade intelectual ou os seus herdeiros, cede os dereitos de reprodución, publicación e comercialización ao editor. Este abónalle a cambio a compensación económica pactada.
Citas
A editorial publicou a edición das obras completas do autor, Non se chegou a facer nunha a edición musical da súa obra
Este ano levouse a cabo a terceira edición dos Xogos Florais