ecuestre

< lat equestre
Pliral: ecuestres
  1. adx Relativo ou pertencente á equitación.
    1. adx Relativo ou pertencente aos cabaleiros.
    2. orde ecuestre HIST Clase romana situada por baixo da senatorial e integrada orixinalmente polos cabaleiros, vella clase militar da que se nutría a cabalaría romana desde Servio Tulio.
  2. adx ARTE Que representa unha persoa a cabalo.
  3. bens ecuestres HIST Bens polos que se prestaba o servizo de cabaleiro na época feudal.

Citas

  • Nas festas deste ano houbo actuacións ecuestres