eco

Pliral: ecos
  1. s m FÍS
    1. Fenómeno que consiste na reflexión de ondas sonoras por un obstáculo, de maneira que o oído recibe a onda reflectida cun certo atraso respecto á onda directa.
    2. Reflexión de ondas radioeléctricas que dá lugar a efectos de repetición dos sinais recibidos.
    3. Fenómeno análogo ao eco acústico polo que aparecen na pantalla do televisor unha ou máis imaxes parasitas desprazadas lateralmente respecto á principal.
    4. Aparición, na pantalla do aparato de radar, do punto luminoso correspondente á onda devolta por un branco.
  2. s m
    1. Son que se percibe de forma débil e confusa.
    2. Son que perdura na memoria.
  3. s m Noticia imprecisa dun suceso.
  4. s m Repercusión, efecto ou influencia de alguén ou algo.
  5. s m LIT Artificio poético que consiste na repetición dos sons vocálicos e consonánticos finais a partir da derradeira sílaba acentuada dunha palabra, na seguinte palabra.
  6. MÚS
    1. s m Repetición debilitada dunha frase musical ou dunha nota.
    2. s m Repetición das derradeiras palabras ou sílabas cantadas por un coro a media voz.
    3. eco dun órgano Cuarto teclado manual do órgano que reproduce dunha maneira apagada os sons dos outros teclados.
  7. s m PSIC Imitación ou repetición de movementos, palabras, xestos ou escritos.
  8. eco do pensamento PSIC Fenómeno alucinatorio que consiste na percepción auditiva do propio pensamento, como se proviñese de fóra.

Frases hechas

  • Facerse eco de. Difundir unha noticia.