ablativo -va

Pliral: ablativos Masculino: ablativo Masculino plural: ablativos Femenino: ablativa Femenino plural: ablativas
  1. adx Que produce ablación.
  2. adx IND/QUÍM Aplícase aos materiais que se empregan no revestimento dos vehículos espaciais para absorber a calor que se produce cando o vehículo retorna á atmosfera.
  3. LING
    1. s m Caso da declinación do indoeuropeo que perdura nalgunhas linguas.
    2. s m Caso latino que indica numerosas nocións circunstanciais e adoita ir acompañado de preposicións.
    3. ablativo absoluto/participio absoluto Na gramática latina, construción constituída por un participio que concorda cun nome en ablativo sen preposición que vai na súa mesma oración e realiza a función de suxeito.