alarma

< it ¡all’arme!
Pliral: alarmas
  1. s f
    1. Aviso ou sinal que se fai en caso de perigo.
    2. BÉL Aviso ou sinal que dá nun exército para preparar a defensa ou o ataque.
  2. s f PSIC Sistema mobilizador do comportamento que prepara inmediatamente unha resposta adaptada a unha situación urxente.
  3. s f Inquietude causada pola crenza na inminencia dun perigo ou a proximidade dun inimigo.
  4. s f TECNOL Dispositivo de seguridade, capaz de emitir sinais perceptibles cando o sistema presenta unha anomalía.
  5. s f COMUN Sinal para anunciar unha mensaxe de auxilio ou un aviso de ciclón.
  6. s f DER Estado de crise previsto no ordenamento constitucional que permite ao goberno a modificación transitoria do réxime constitucional ordinario aínda que non permite a suspensión de ningún dos dereitos nin liberdades dos cidadáns.

Citas

  • Alarma aérea, Alarma de carros, Alarma de gas
  • Deron a alarma e chegaron os bombeiros
  • Poñer unha familia en estado de alarma

Palabras vecinas