droga

< bretón droug ‘malo’ ou neerl dro-ghe ‘cousa seca’?
Pliral: drogas
  1. MED
    1. s f Cada unha das substancias que, por mor da súa estrutura química semellante á de determinados neurotransmisores, actúan sobre o sistema nervioso central de xeito que alteran o estado de ánimo, a percepción e o coñecemento, e que a miúdo producen dependencia.
    2. droga de deseño Substancia que, procedente da modificación dunha droga, consegue certas peculiaridades na súa acción farmacolóxica.
  2. s f MED Cada un dos principios activos presentes en vexetais ou en animais que, convenientemente preparados e conservados, se empregan en terapéutica e experimentación.

Citas

  • Elaborou o preparado mesturando varias drogas