dorso

< lat dorsu
Pliral: dorsos
  1. s m Parte superior ou posterior dalgunha cousa.
  2. s m Rexión anatómica dunha planta ou dun animal que está máis afastada do chan e mirando en sentido oposto a este.
  3. s m Parte dunha cousa oposta á que se considera principal.
  4. s m ARQUEOL Cara, en tipoloxía lítica, dunha peza oposta ao plano de lascado polo que se desprendeu do núcleo.

Sinónimos

Antónimos

Citas

  • A boga ten o dorso de cor verdosa
  • A explicación vén no dorso da folla
  • Tiña escrito o seu número de teléfono no dorso da man