dorsal

< lat dorsūāle
Pliral: dorsais
    1. adx Relativo ou pertencente ao dorso.
    2. espiña dorsal ZOOL Liña de vértebras articuladas que sostén o esqueleto dos animais vertebrados.
    3. músculo dorsal ZOOL Músculo ancho e aplanado que cobre a parte inferior do dorso e que se estende desde a rexión lumbar ao húmero.
  1. adx LING Que se produce co corpo da lingua, como poden ser todas as vogais ou as consoantes
  2. s m DEP Pequena peza téxtil, colocada no lombo, que leva impresa o número que identifica a un deportista.
  3. XEOG
    1. s f Aliñación de sistemas montañosos que seguen a mesma dirección e que constitúen unha unidade de relevo que divide un territorio en dúas áreas máis ou menos simétricas.
    2. dorsal oceánica Conxunto de dúas aliñacións paralelas de materiais magmáticos emerxidos no contacto entre dúas placas oceánicas, dunha lonxitude de decenas de miles de km e dunha anchura de centos de km.
  4. s f METEOR Prolongación, no relevo isobárico, das altas presións dun anticiclón, que presenta forma de cuña.
  5. s m ZOOL Cuncha de diferentes animais, como o cefalotórax dos crustáceos.