dominancia

< lat dominantia lat domināre ‘dominar’
Pliral: dominancias
  1. s f Calidade de dominante.
  2. s f XEN Relación que existe entre dous alelos dun heterocigoto que presenta o fenotipo moito máis semellante ao dun dos proxenitores homocigóticos ca o do outro.
  3. s f ECOL Feito de seren ou non dominantes, e o grao en que o son, as especies que integran unha comunidade.
  4. dominancia apical BOT Fenómeno que consiste no desenvolvemento da xema apical e no retardamento do crecemento das xemas laterais debido á acción das auxinas.