alacrán

< ár al’aqrab ‘escorpión’
Pliral: alacráns
  1. s m ANIMAL 1 escorpión.
  2. s m ANIMAL Nome xenérico de eirugas grandes e peludas.

Refranes

  • Quen do alacrán está picado cóidase medio enterrado.
  • Se te morde un alacrán, xa non comerás máis pan.
  • Se te pica un alacrán, chama crego e sancristán.
  • Se te pica un alacrán, tres días comerás pan.