doador -ra

Pliral: doadores Masculino: doador Masculino plural: doadores Femenino: doadora Femenino plural: doadoras
  1. adx Que doa algo. Tm s.
    1. adx Que doa sangue ou órganos do seu corpo para que lle sexan transfundidos ou transplantados a outra persoa. Tm s.
    2. doador universal MED Individuo de sangue compatible coa do resto da poboación, 0 negativo, polo que pode ser transfundido a calquera receptor.
  2. s ARTE Persoa que corría cos gastos dunha obra de arte ou arquitectónica, normalmente de carácter relixioso, e en que adoitaba aparecer a súa imaxe.
  3. s m FÍS Átomo que, nun semicondutor, está contido como impureza ou incorporado intencionadamente a un elemento capaz de doar un electrón.
  4. s m QUÍM Substancia que, nas reaccións químicas heterolíticas, proporciona electróns.

Formas incorrectas

donante

Palabras vecinas