disolución

< lat dissolutĭōne
Pliral: disolucións
  1. s f Acción de disolver ou disolverse.
  2. QUÍM
    1. s f Proceso polo que unha substancia, o soluto, se dispersa noutra substancia, o disolvente, e orixina un sistema homoxéneo en canto á súa composición molecular.
    2. calor de disolución Enerxía que se libera cando un mol dunha substancia se disolve totalmente nun determinado volume de disolvente.
  3. s f QUÍM solución.
  4. DER
    1. s f Acto xurídico que abre o proceso de liquidación dunha sociedade.
    2. disolución matrimonial Ruptura, por calquera das causas legais, do vínculo matrimonial validamente celebrado.
  5. disolución das cámaras DER Procedemento, efectuado baixo a forma de decreto, mediante o que o poder executivo acurta o período de mandato lexislativo do Parlamento e fixa a data de novas eleccións.

Citas

  • Co escándalo conseguiron a disolución do grupo
  • Nestes tempos é moi xeral a disolución da familia