Mestura de gases que forma a atmosfera terrestre. Nas capas baixas da atmosfera, o aire perfectamente seco ten a seguinte composición en volume: nitróxeno 78,084%, osíxeno 20,946%, argon 0,934%, dióxido de carbono 0,033%, outros gases raros 0,002%. Ademais destes compoñentes, o aire contén outros gases impurezas, coma o vapor de auga, ozono, amoniaco, hidrocarburos. O aire ten unha importancia vital, xa que o osíxeno que contén intervén na respiración das plantas e dos animais.
Nome xenérico dado antigamente aos gases.
smO aire como medio, por oposición á terra e á auga.
smento de pouca intensidade.
sm
Aparencia ou aspecto que posúe algo ou alguén con respecto a outro elemento ou persoa.
Actitude expresiva dunha calidade persoal ou emoción.
smEstado de debilidade causado nunha persoa polo mal de ollo.
aire acondicionadoTECNOLAire que, tratado nun aparato ou instalación de acondicionamento do aire, presenta as condicións higroscópicas, térmicas e de depuración axeitadas para crear e manter nun habitáculo un ambiente de características predeterminadas.
aire comprimidoTECNOLAire sometido, xeralmente mediante un compresor, a unha presión superior á atmosférica.
aire de combustiónTRANSPParte do aire aspirado, consumido na combustión, nos motores de reacción.
aire diluenteTRANSPParte do aire aspirado que reduce a temperatura da combustión na entrada da turbina nos motores de reacción.
aire enrarecidoAire que, por falta de ventilación nas galerías dunha mina, empobreceu en osíxeno e cargouse de dióxido de carbono e doutros gases.
aire húmidoMETEORAire cunha humidade relativa moi elevada, que se condensa doadamente.
aire líquidoQUÍM/INDAire que, como resultado dunha serie de compresións, expansións e enfriamentos, pasou ao estado líquido. A principal aplicación do aire líquido é a obtención de osíxeno.
aire saturadoMETEORAire que contén toda a cantidade de vapor de auga que pode conter coa súa temperatura.
aire secoMETEORAire que, cando a súa temperatura é moi superior á do punto de xeada, se comporta fisicamente como seco, aínda que conteña vapor de auga.
METEOR
masa de aireGrande extensión de aire que cobre unha área mínima de centenares de miles de km 2 en que as propiedades físicas do aire, temperatura e humidade principalmente, varían pouco en sentido horizontal.
masa de aire antárticoMasa de aire que se forma sobre a Antártida.
masa de aire árticoMasa de aire que se forma sobre o océano Ártico e os mares e estreitos circundantes.
masa de aire ecuatorialMasa de aire moi cálido e húmido caracterizada por unha forte ascendencia vertical que provoca intensas chuvias. Orixínase no cinto ecuatorial.
masa de aire polar continentalMasa de aire extremadamente frío e seco, caracterizada por unha temperatura moi baixa. Orixínase no inverno sobre as masas continentais de América do Norte e Asia.
masa de aire polar marítimoMasa de aire frío e relativamente húmido, formada nas altas latitudes dos océanos Atlántico e Pacífico.
masa de aire tropical continentalMasa de aire cálido e seco, orixinada no inverno sobre a parte de África situada a 10° de latitude N e que no verán se estende por Europa central, Arabia e incluso chega a Asia central.
masa de aire tropical marítimoMasa de aire cálido e húmido que se forma sobre os anticiclóns permanentes do Atlántico e do Pacífico.