adxRelativo ou pertencente ao pobo ainu ou á súa lingua.
sETNIndividuo do pobo ainu.
sm plETNPobo de Asia oriental que habita en diversas illas setentrionais de Xapón.
smLINGLingua que fala o pobo ainu. As investigacións toponímicas evidenciaron que era a lingua autóctona do arquipélago xaponés ata a chegada dos grupos continentais.
grupo humano ainuANTROP/FISIOGrupo humano leucodermo que se localiza na parte meridional da illa de Sakhalin e setentrional da illa de Hokkaido. A orixe desta raza aínda non é segura; trátase dun grupo leucodermo illado en medio de grupos xantodermos. Os datos arqueolóxicos permiten remontar a historia dos ainu a uns 12.000 anos como mínimo, aínda que non permiten resolver a cuestión das orixes.