dipolo

< 2 di- + polo
Pliral: dipolos
  1. FÍS
    1. s m Sistema que presenta dúas cargas opostas en dous puntos ou polos, tal como acontece nun imán ou nunha molécula polar.
    2. dipolo eléctrico Conxunto formado por dúas cargas, unha positiva e outra negativa, do mesmo valor, colocadas a unha pequena distancia unha da outra, comparada coa distancia á que se considera que teñen os seus efectos.
  2. s m ENX Dispositivo formado por un conxunto de elementos que proceden de dúas terminais por onde se pode unir ao circuíto exterior.